|
Subvención para a adquisición dun ordenador: - persoal
- portátil
- de sobremesa
para traballadores autónomos con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, agás determinadas categorías de autónomos do comercio retallista,
Convocatoria 2009 - Próximo comenzo do prazo de solicitudesXunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria Unión Europea - FEDER BeneficiariosTraballadores autónomos con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, agás determinadas categorías de autónomos do comercio retallista. Prazo e lugar de solicitude
O prazo estará aberto PROXIMAMENTE e manterase ata que a Xunta de Galicia esgote o orzamento de 1 millón de euros dispoñible para o ano 2009. As solicitudes tramítanse exclusivamente a través das empresas colaboradoras, como a titular desta páxina web. Investimentos subvencionables e non subvencionables
- Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa.
- O ordenador deberá incluír o sistema operativo Linux.
- O ordenador deberá dispor de navegador de Internet en software libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
- O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
- No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
- Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).
Intensidade da axuda - A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante.
- O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.
Documentación que deberán de presentar os traballadores autónomos. - Fotocopia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Fotocopia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. (Fotocopia do último TC1 pagado).
- Tamén deberá identificar o autónomo o epígrafe do IAE no que se atopa inscrito para a súa actividade económica. Posteriormente deberá asinar unha declaración na que se responsabiliza da veracidade dos datos e autoriza á Consellería á verificación de ditos datos tributarios.
Pode obter máis información na seguinte dirección:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
|